top of page
Filme de Pedra Main Logo-1.png

Filmes de autor, independentes e artesanais.

Filmes de Pedra é una cooperativa galega de produción audiovisual, formada polos cineastas Brandán Cerviño e Sabrina Zimmermann. Os seus proxectos foron exhibidos en máis de 70 festivais de cinema internacionais e premiados nalgúns como Visions du Reel, IDFA, AFIDOCS ou Málaga.

 

Xuntos realizaron as curtametraxes "En la boca de la mina", que se estreou no Festival É Tudo Verdade en 2019 e gañou o premio Planeta GZ no Festival Cortocircuito, e “A comuñón da miña prima Andrea”, que pódese ver actualmente en FILMIN, tras o seu paso por Movistar + e ser preseleccionada aos premios Goya 2021 como mellor curta documental.  En 2025, coproducen CARCEREIRAS, da diretora Julia Hannud, selecionada para o Brazilian Showcase do Cannes Docs no Marché du Film

 

Dende o 2020, Brandán e Sabrina tamén imparten obradoiros e cursos enfocados na realización audiovisual para un público diverso, composto por profesionais e curiosos de diferentes idades.

IMG_3088 2.heic

Graduado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona e en Dirección Documental pola EICTV. Os seus traballos foron exhibidos en máis de 70 festivais arredor do mundo. Paralelamente traballa no ámbito formativo mediante obradoiros e asesorias en torno a linguaxe audiovisual.

Especializada en Produción de Cine pola EICTV. Produxo varios proxectos que pasaron por festivais importantes como Locarno, IDFA, Visións Du Réel, Festival de Málaga entre outros. Tamén desenvolve seu traballo no ensino informal de audiovisual para diversos públicos.

IMG_3087 2.heic
bottom of page