top of page
Filme de Pedra Main Logo-1.png

Obradoiros Audiovisuais

Desde 2020, Filmes de Pedra coordina o traballo voluntario no Campamento Internacional do Audiovisual Galego en Celanova, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coa cooperativa AVADA. As pezas audiovisuais poden consultarse en AVADA Vision. Tras a estrea de A Comuñón da miña prima Andrea, realizarón colaboracións coa peza en espazos coma La Casa Encendida, European Film Factory ou Methode Film, entre outros. Ademais, organizan obradoiros máis breves integrados en programas xuvenís da Xunta de Galicia, como Outono Xove. Recentemente traballaron na iniciativa Correspondencias Fílmicas, en escolas do rural lucense, en colaboración con Outonía, cooperativa dedicada á educación social, e co financiamento de Medio Rural, Mar e Mocidade de Lugo. Actualmente desenvolven cursos e obradoiros dirixidos ao público escolar con varias escolas do interior de Lugo, ofrecendo proxectos adaptados ás necesidades educativas e culturais do territorio.

Captura de pantalla 2026-02-15 a las 2.0
Captura de pantalla 2026-02-15 a las 2.0
bottom of page